anterior   aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

CANZÓN DE CUNA PRA ROSALÍA CASTRO, MORTA

¡Érguete, miña amiga,
que xa cantan os galos do día!
¡Érguete, miña amada,
porque o vento muxe, coma unha vaca!


Os arados van e vén
dende Santiago a Belén.

Dende Belén a Santiago
un anxo ven en un barco.

Un barco de prata fina
que trai a door de Galicia.

Galicia deitada e queda
transida de tristes herbas.

Herbas que cobren teu leito
e a negra fonte dos teus cabelos.

Cabelos que van ao mar
onde as nubens teñen seu nidio pombal.

¡Érguete, miña amiga,
que xa cantan os galos do día!
¡Érguete, miña amada,
porque o vento muxe, coma unha vaca!

autógrafo

Federico García Lorca


«Seis poemas gallegos» (1932-1934)

español Traducción a español de Mario Bojórquez
partitura / partiture Partitura musical José Luis Turina (www.joseluisturina.com) con marca de agua
Canción. José Luis Turina «Canzón de cuna pra Rosalía Castro, morta» de José Luis Turina. Grabación estreno del Coro de RTVE con dirección de Joan Company


subir / top   poema aleatorio   siguiente / next   anterior / previous   aumentar tamaño letra / font size increase   reducir tamaño letra / font size decrease